Feeds:
Artigos
Comentarios

[Edgar Morin (París, 1921) es una de las personalidades más reconocidas del pensamiento y de la izquierda heterodoxa francesa. Sociólogo y antropólogo, reconocido estudioso de la crisis interna del individuo, ha abordado la comprensión del “individuo sociológico” a través de lo que él llama una “investigación multidimensional”, es decir, utilizando los recursos de la sociología empírica y de la observación comprehensiva. Fuertemente crítico con los mass media, ha analizado asimismo los fenómenos de propagación de la opinión.

Militante comunista en su juventud, muy implicado en la solidaridad con la República española, Morin estudió en la Sorbona y en la Universidad de Toulouse. Licenciado en Geografía e Historia y en Derecho en 1942, cursó posteriormente estudios universitarios de sociología, economía y filosofía, que se vio obligado a interrumpir por el estallido de la II Guerra Mundial. Fue militante de la resistencia francesa contra el movimiento nazi y, más tarde, miembro del Partido Comunista Francés hasta 1951, año en que fue expulsado por su antiestalinismo. Pese a que desde su abandono del PCF no militó en ningún partido, nunca dejó de interesarse y participar en la política. En los años sesenta fue el principal animador de la prestigiosa editorial Minuit, abierta al panorama del marxismo crítico, la plataforma en la que Pierre Broué publicó su celebrado estudio sobre la guerra y la revolución española, así como cierto número de recopilaciones sobre León Trotsky, lo que entonces estaba considerado como “pecado mortal” por el PCF.

Dirigió además la revista Arguments (1957-62) y Communications (1972). Investigador y miembro del Centro Nacional de Investigaciones Científicas (CNRS) desde 1950, en 1970 pasó a ser director de investigación de dicho centro. Desde 1977 dirigió el centro de estudios interdisciplinares de la Escuela Superior de Ciencias Sociales, dependiente del CNRS. En 1970, antes de trasladarse a California, formó parte del llamado grupo de los diez, dirigido por el doctor Robin y que reunía a biólogos, cibernéticos, físicos y renombrados expertos en diversas áreas. En 1987 presentó en Estrasburgo Pensar Europa, un estudio sobre la pluralidad cultural y social del viejo continente. En dicho acto hizo un llamamiento a los intelectuales para que desempeñen “una misión catalizadora en una Europa cuyo nuevo enemigo es su desunión”. Edgar Morin defendió “la Europa de los pequeños espacios culturales”, afirmando que “la internacionalización y la particularización en la cultura son procesos antagónicos y complementarios”.

Como ensayista está considerado como uno de los grandes pensadores franceses actuales y es colaborador de numerosas publicaciones científicas. Autor de más de treinta libros, reflexionó sobre el marxismo en La autocrítica. En El espíritu del tiempo glosó los acontecimientos de mayo del 68, y en El espíritu del tiempo II (1975) respondió a las críticas recibidas por el primero. Sobre el estudio de los fenómenos de comunicación de masas, especialmente el cine, publicó El cine o el hombre imaginario (1956) y Las stars (1957). Entre sus ensayos antropológicos figuran El paradigma perdido, la naturaleza humana (1973), La naturaleza de la Naturaleza (1977) y La vida de la vida (1980). Sus obras El paradigma perdido y El método son utilizadas como textos de consulta por los estudiantes de filosofía. En 1994 recibió la Legión de Honor y el premio Internacional de Cataluña.

En líneas generales y en tono muy emotivo, Edgar Morin se refiere a su juventud, totalmente marcada por la lucha de la República española, siendo un joven comunista que rompió con el estalinismo, lloró con la caída de Barcelona. Se emocionó cuando reconoció las canciones anarquistas, cuando descubrió que los primero que entraban en la Liberación de París eran militantes, algunos pertenecientes al Columna de Durruti, que siempre mantuvo su fervor por los combatientes olvidas de la Nueve, especialmente a su camarada y amigo Wilebaldo Solano, secretario general del POUM (al que dedicó un breve ensayo que se puede encontrar en la Web de la fundación Andre Nin) que dedicó toda su vida a la rehabilitación de Andreu Nin. Que el homenaje que se la hacía ahora a la Nueva le rememoraba todo aquello, y suponía el encuentro con emociones que seguían vivas en lo más produndo de sus recuerdos. Pepe Gutiérrez-Álvarez]

– See more at: http://www.vientosur.info/spip.php?article11693#sthash.u8ue9gAl.dpuf

Babel Abril 2007 Nº 1

Babel Abril 2008 Nº 2

Babel Abril 2009 Nº 3

Babel Abril 2010 Nº 4

Babel Abril 2011 Nº 5

Babel Abril 2012 Nº 6

Babel Abril 2013 Nº 7

Babel Abril 2014 Nº 8

Babel Abril 2015 Nº 9

Babel Abril 2016 Nº 10

Mato mátanos

mato 002

Faise a luz no bunker do Ministerio de Sanidade e toda España, a “marcaespaña”, énchese de vómitos. A “menestra” Mato e o seu equipo acaban de dar co culpable da pandemia do ébola: a enfermeira infetada que atendeu aos dous misioneiros  repatriados dende África. (Tras a declaración do responsabel da sanidade madrileña a súa supervivencia xa non depende só dos coidados médicos pois están dirixidos pola mafia que nos goberna). Volven a manobrar a súa costume. Como no Alvia de Santiago; como no Prestige; como no accidente do Metro de Valencia; como no Yack-42; como no 11-M.
Non hai saída, hai que botalos antes de que nos fundan na máis profunda miseria.  É unha situación de supervivencia: ou eles ou nós.

feijoo-gallardon

Abrimos hoxe a prensa e dámonos de frente cunha entrevista-lixo ca suposta curandeira do delincuente Jordi Pujol. A sanadora está a ter a súa semana de gloria e non a desaproveita aguzando os manidos tópicos anticalans que tanto xogo dan nas barras dos bares á roña reaccionaria.
Pasamos páxina e aínda é peor. Tras acabar as vacacións do verán e antes de comezar as do outono o presidente da Xunta, Nuñez Feijoo, anuncia na Voz de Galicia que está a traballar na solución dos problemas que arrastra a administración da xustiza no noso país. Comezamos a ler coa esperanza de atoparnos con imaxinativas solucións á falta de persoal nos xulgados; á paralización e acumulación dos procesos; á recente lei de taxas que impide o aceso a este servizo público a gran parte da poboación; ao impulso dunha fiscalía anticorrupción galega con máis medios; ao mantemento dos xulgados de paz e os rexistros civis no rural galego cando un día sí e outro tamén laiase do declive demográfico da Galicia interior; ao reforzo e novas competencias aos xulgados de primeira instancia e instrución das vilas.
Mais non atopamos nada disto. Nas dúas páxinas da propaganda encoberta, intercambio de favores coa mira posta na próxima asignación de subvencións á prensa, o exímio Feijoo anunciaba a posibilidade de que o territorio galego contase con doce novos xuices de apoio ás Audiencias provinciais. Xuices sen data para comezar a traballar e que non disporan de xulgado, de secretario xudicial, e de funcionarios.
Feijoo, e o PP, están a artillar noticias con pingas para desmobilizar o amplo rexeitamento que nas vilas ourensáns estase a dar pola desaparición dos xulgados que leva implícito o anteproiecto de lei elaborado polo “si ministro” Alberto Ruiz Gallardón.
Pola contra lemos noutro medio que Comisións Obreiras denunciou ante o fiscal xeral a Rajoy e Gallardón por non inhibirse na privatización dos rexistros civís. O sindicato pensa que hai intereses ocultos porque o presidente do Goberno e dous irmáns son rexistradores da propiedade. O mesmo que a nora e o cuñado do menestro de xustiza.
Con este Goberno doutra cousa non, máis imos quedar fartos de Xustiza.

emigrantes   A mesma hora que o ratonil ministro Cristóbal Montoro arremetía no Congreso dos Deputados contra do clan Pujol a subdelegación do Goberno de Ourense prohibía a concentración que mensualmente os emigrantes retornados fan no Barco de Valdeorras diante da delegación comarcal do ministerio de Facenda. Para o goberno do PP estes estafados legais non teñen dereito ni tan sequera a queixa. Os dereitos democráticos de reunión, manifestación, e liberdade de expresión só contan para os delincuentes confesos como Jordi Pujol que pode escoller o lugar (Pirineo, Barcelona ou Parlament), o momento, ou os medios, para tratar de influír na opinión pública. Porque como co resto dos delincuentes da “casta”: os barcenas, os matas, os camps, os baltares, os fabras, os botines, os gurtelianos…, o ministerio de Interior e moi escrupuloso e collea “con papel de fumar”.
Protestar na rúa contra da estafa retroactiva que se lle está a facer aos emigrantes retornados, cobro de impostos sobre as pensións do estranxeiro que na maioría dos casos representa unha dobre imposición xa que esta cotiza no país de orixe, e saltarse a despótica vontade do miserable que sestea na subdelegación do Goberno ourensán. Pensa que como cos afectados pola estafa das preferentes os emigrantes só contan para traballar durante anos e para pagar, máis non para para reclamar os seus dereitos.
As próximas eleccións municipais poñen a casta provincial dos nervios e non están dispostos a que calquera mobilización poda restarlle algún voto que sería poñer en perigo a súa dominación.

la nueve paris la nueveCada 24 de agosto a memoria dos franceses rinde homenaxe aos homes que liberaron París, cun recordo especial para os combatentes da “Nueve”, compañía da división de carros do xeral Leclerc, que foron os que tomaron o símbolo do poder local, o concello (Hôtel de Ville). A compañía a formaban exiliados españois integrados no exército da Francia Libre que proseguiron a  combater o fascismo ca esperanza da restauración republicana en España tras a derrota do nazismo. Entre as personalidades que participaron nos actos este ano (o setenta aniversario) destacou a primeira muller elixida alcaldesa de París, Anne Hidalgo, filla de emigrantes gaditanos.
Cada agosto, expoleados polos exemplos da memoria e das tradicións republicanas francesas, non podemos deixar de berrar “Vive la France”.

palestineCada dous ou tres anos Gaza é arrasada polo exército hebreo. Calquera escusa é boa. Acabar co terrorismo islamista é a derradeira. Antes, dende hai décadas, extenderon e traballaron o prexuicio antipalestino para ocultar que no ADN da creación do Estado de Israel está inscrito o exterminio, mediante puntuales masacres, dos naturais do país que lles regalou a mala conciencia occidental tras o holocausto da II Guerra Mundial.
Os sionistas non poden permitir que a poboación á que lle roubaron as terras, que expulsaron, que condenaron á miseria, poda un día estar en condicións de devolver unha pequena parte dos sufrimentos que está a padecer.
Durante o mes de xullo, en 28 días de intervención do exército tecnoloxicamente máis avanzado do mundo, o balance contra a población de Gaza é de 1814 palestinos asesinados (dos que 408 son nenos e 214 mulleres. Según a Unicef o 70 % dos menores tiña menos de 12 anos), contra os 64 soldados xudeos mortos. Amais 520.000 persoas desplazadas, o 25% da población da Franxa, e a destrución de 65.000 casas.
A tregua concedida por Israel para reorientar as novas accións militares serveu á diplomacia europea para se por “estupenda” e comezar a falar de “posibles” embargos de armas a Israel. O máis activo, España sempre dando exemplo do seu compromiso cos dereitos humanos, é o ministro García Margallo que fala de suspender o co  mercio armamentista con Israel a partires de octubre (o ano pasado España vendeulle armas aos sionistas pola ridícula cifra de 4,6 millóns de euros que pode que foran en gorras e tricornios). Pola contra, coidando o seu electorado,  Obama concédelle ao exército hebreo un novo crédito por 1.000 millóns de dolares para repoñer o material armamentístico ca finalidade da próxima ofensiva.
Iso si o “mundo mundial” (ONU, Unión Europea, EE. UU, Obama, Holande, Merkel, Cameron, e alli…) pensan, preocúpanse, conferencian, xúntanse, reconferencian, e volven a xuntarse para finalmente impoñer “santas” sancións a Rusia polo avión derribado na guerra civil de Ucrania. A vida dun cidadá holandés ben paga a de 200 palestinos e ademais se pode producir unha nova guerra en Europa e abrirse grandes espectativas de negocios. *

                                   franquista

   A Real Academia Galega acaba de designar a nova figura a recordar no día das Letras Galegas do próximo 17 de maio. O anual premio honorífico caeulle ao camaleónico polígrafo José Filgueira Valverde.
   Gran persoeiro e pai da “patria” franquista: alcalde Pontevedra, procurador das Cortes, conselleiro do Movimiento, director do Museo de Pontevedra. Tamén vello amigo e camarada no Partido Galeguista de Alexandre Bóveda, a quen traicionou, quedouse na casa, no consello de guerra que o levou ao paredón. (Vaia paxaro !!!)
    A figura de Filgueira representa para os sectores institucionais máis reaccionarios do país o derradeiro intento de leximitación da súa práctica política e cultural. Enxalzan a erudición arquivística, produto da súa profesión de xector cultural, e o presentan como un profesor paternal, ao modo de Otero Pedrayo, ou como un home moi “campechano”, ao modo do ex rei Xoán Carlos. Amais dunha gran alforxa de obras asentadas na tradición escolástica e na práctica de eliminar mediante a morte ou exilio toda competencia das ideas. Sectores influíntes nos medios de comunicación minimizan ou esquecen o papel desempeñado ao servizo da cruel ditadura porque saben que a Cultura integra calquera “torre de marfil” intelectual pero que non transixe cos que calaron, serviron, ou xustificaron a persecución, cando non o exterminio, durante catro décadas, dos sectores máis dinámicos da sociedade e a lingua galega. Filgueira é a figura máis contraditoria e incoherente coa máxima que xustifica a cultura democrática: “non hai ética sen estética, nen estética sen ética”.
Os que propuxeron e votaron honrar a Filgueira, obviando o seu pasado franquista, atópanse na mesma onda dos italianos que enxalzan ao aventureiro D’Annunzio, dos alemáns que falan con fervor do miserable Heidegger, ou dos franceses que iniciaron a rehabilitación do malvado Celine. Posibles diletantistas ao carón dos fornos de Auswitch.
O fascismo sempre intenta renacer pola “porta de atrás” cultural. Non ten máis que mistificar o pasado e mediatizar a erudición máis inútil. Os académicos galegos niso están. *

                              Sello 1856

Artígo que co título “A Valdeorras administrativa na transición do Antigo Réxime” publicouse no Babel nº8, de abril de 2014, boletín do Ateneo Republicano de Valdeorras

   Durante o tránsito do século XVIII ao XIX o vello Reino de Galicia arrastraba unha división administrativa, ideada por Floridablanca (1), de sete “provincias”: Mondoñedo, Lugo, A Coruña, Betanzos, Santiago, Tui e Ourense. Os límites entre elas eran bastante imprecisos xa que sobre as terras exercíanse diversas xurisdicións. A capitalidade do Reino radicaba na Coruña que xunto con Betanzos eran cidades de realengo. As demais atopábanse baixo señoríos eclesiásticos.
    Sobre as terras ourensáns de Valdeorras, na raia oriental do reino, ao largo dos séculos precedentes confrontáronse as históricas xurisdicións señoriais da alta nobreza: os Castro, os Sarmento, os Pimentel, e os Osorio. Amais de pequenas zonas dependentes de ordes monásticas.
    A grandes trazos, entrado o século XIX o condado de Ribadavia seguía a ter xurisdición sobre os actuais territorios de O Barco, Vilamartín, A Rúa, Petín. O Bolo e A Veiga eran herdanzas xurisdicionais dos condes de Benavente con moutas de realengo. Nos montes de Larouco exercía a Orde de Xerusalén. As terras de Carballeda estaban integradas na xurisdición do conde de Ribadavia, agás as aldeas de Casaio e Lardeira integrados na xurisdición da Cabreira do marquesado de Vilafranca no Reino de León; e a parroquia de Carballeda que estaba compartida cos monxes bernardos do mosteiro de san Martín de Castañeda. O territorio de Rubiá era xurisdición do conde de Ribadavia, agás os terreos da Merindade de Aguiar (aldeas de O Barrio, O Castelo, Oulego, Robledo e A Veiga de Cascallá) que pertencían ao marquesado de Vilafranca; a Merindade de Aguiar amais exercía potestade sobre as terras de san Vicente de Leira en Vilamartín; sobre as aldeas de Cobas e Pardollán era o Hospital de Astorga quen tiña a xurisdición.
    A raia do Reino de Galicia durante o Antigo Réxime, debido ás interferencias dos señoríos territoriais, non se atopaba ben delimitada o que daba pé a múltiples confusións e a continuos preitos ante as Audiencias da Coruña e de Valladolid. A abolición do réxime señorial polas Cortes de Cádiz no ano 1811 provocou a necesidade de artellar unha nova división territorial: provincial, xudicial e local, e a súa correspondente estrutura administrativa: deputacións, partidos xudiciais, e concellos. Porque o decreto antiseñorial, unha das primeiras medidas da revolución liberal, supoñía quitarlle á nobreza a administración de xustiza, o nomeamento de cargos: alcaldes, rexedores, e a perdida das rendas e impostos locais que gravaban todas as actividades económicas do seu territorio, agás os foros (2). Neses tempos moitos dos mecanismos da extracción do excedente agrario xa estaban nas mans da pequena e mediana fidalguía rural. Por exemplo o dereito de barcaxe sobre o paso en barca do Sil polo lugar do Porto da Barca. Os Quiroga de Viloira tiñan o dereito de percibir unha parte da súa poxa anual.
   E así para simplificar a administración de Galicia os doceanistas unifican as sete vellas provincias na Provincia Única de Galicia, mantendo a capitalidade na Coruña, ata que Fernando VII deroga a Constitución de Cádiz.
   É durante o Trienio Liberal (1820-23) cando Galicia aparece por primeira vez artellada en catro provincias (3): A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense. Máis o decreto do 27 de xaneiro de 1822 integraba parte do territorio de Ourense, a comarca histórica de Valdeorras, nunha nova demarcación: a provincia de Vilafranca do Bierzo, do Reino de León. A nova provincia de Vilafranca tiña, sobre o papel, un antecedente recente. En 1810 o rei Xosé I, seguindo o modelo napoleónico, creara a “subprefectura do Sil”, dependente da “Prefectura de Ourense”.
O decreto do Trienio estabelecía o territorio da provincia de Vilafranca que abarcaba “casi toda la gobernación de Cabrera, los concejos del Sil de arriba y de abajo, Salientes, Salentinos, Valseco, Tejedo, mata de Otero y el Valle de Orres”. E especificaba que a raia occidental trazábase “por el oeste el antiguo límite de Galicia desde el monte del Cuadro hasta el origen del Bisuña; de aquí sigue por los montes que forman el Valle de Orres hasta el Puente de Cigarrosa, desde donde continua por los altos hasta buscar la Sierra del Exe y Peña Trevinca, siguiendo por el nacimiento del río Casoyo a unirse con las sierras de Cabrera”.
    Delimitación que dividía administrativamente Valdeorras en dúas. De unha pasaban a depender da Deputación de Vilafranca os concellos de: Sobradelo, Correxais, San Estevo (A Rúa), O Barco, Vilamartín, Rubiá, e a parte oriental de Freixido (daquela englobaba os actuais Petín e Larouco). Na provincia de Ourense mantíñanse o concello de O Bolo, parte de Castromarigo e Espiño (a Veiga actual), e a parte occidental do de Freixido (Larouco).
A provincia do Bierzo, como tamén se lle chamará, quedada dividida en catro distritos xudiciais: o de Valdeorras radicado no Barco. Como capital noméase Vilafranca, despois dunha soterrada loita de influencias con Ponferrada, por ser a poboación máis importante e por contar con “amplos edificios” e conventos onde montar a administración provincial.
    Mais a inclusión de Valdeorras na nova provincia non estivo exenta de todo tipo de protestas por parte dos veciños da comarca. O malestar producido plasmouse nunha extensa carta dos concellos de O Barco, Sobradelo, Correxais, A Rúa, Vilamartín, Castromarigo e Espiño, enviada á Comisión Parlamentaria das Cortes que previamente, durante o ano 1821, discutira a división territorial do Estado. Só os concellos de Freixido e do Bolo, que nun principio a firmaran, acabaron retractándose.
    Na carta expresaban que a montaxe da nova provincia obedecía á vaidade dos veciños de Vilafranca e Ponferrada tras decatarse da intención de dividir a de León en dúas: León e Astorga. E para convencer á maioría liberal das Cortes os concellos valdeorreses denunciaban que era o resultado das secretas intencións e intereses do cabido da colexiata de Vilafranca, porque o recente decreto que lles impoñía a redución á metade do cobro do décimo (4) queríano compensar aspirando a converter a colexiata en Catedral e a abadía en bispado.
Os concellos explicaban amais que para os veciños de Valdeorras a inclusión na provincia do Bierzo só lle causaría grandes danos xa que “no era lo mismo querer pertenecer a una provincia de solo 86 mil habitantes, entre los cuales se ha de pagar el medio millón que aproximadamente cuestan las autoridades y oficinas necesarias para este género de sección política del territorio, pudiendo permanecer en una de 262 mil a lo menos, en la que por lo mismo ayudan a la solvencia de aquella carga anual cerca de tres tantos y cuarto más de contribuyentes: es decir, que el que en la provincia del Bierzo pague por esta razón 100 reales, en la de Lugo o en la Orense, o en la misma del Bierzo reunida con León, solo pagará 27”.
   Tamén que nos orzamentos da Provincia Única de Galicia tíñase consignada una partida para a reparación da bóveda central da Ponte Nova (Sobradelo), desfeita dende a Guerra da Independencia (5). Que era de supor que ao pasar a comarca ao reino de León perderíase a obra o que causaría un grande prexuízo ao comercio dos valdeorreses. Máis adiante rexeitaban os novos lindes que estudaba a Comisión do Congreso e defendían a división provincial entre Ourense e o Bierzo pola raia histórica que iniciábase nos montes do Cebreiro, continuando pola serra da Lastra e o río Sil, para morrer nos altos de Pena Trevinca. Finalmente pedían a permanecía da comarca no territorio ourensán.

                          copia Sello 1823
    Achegada a carta colectiva dos concellos ía outro escrito específico do Concello de O Barco que remarcaba os graves inconvenientes que lles suporía o cambio de Audiencia territorial ao xulgado comarcal: “a Valladolid hay bien cerca de cincuenta leguas, que para ir a aquella ciudad hay que atravesar las altas montañas que separan a Astorga del Bierzo y que forman el puerto de peor tránsito que puede haber en invierno, que en esta estación es casi intransitable la llanura cercana a Ponferrada por los infinitos pantanos que hay que atravesar, como la misma sierra de Fuencebadón que está seguida de ella. Mientras que la audiencia de Galicia a que actualmente pertenece este juzgado se halla no solo mucho más inmediata, sino que continuamente y en todas las estaciones se puede ir a la Coruña en muy pocos días”. Por iso amais pedía de seguir na provincia de Ourense.
    As aspiracións, como vemos, dos veciños non se tiveron en conta e acabaron integrados na provincia do Bierzo. Nin tampouco o desexo dos deputados galegos que reclamaban manter os límites tradicionais dos reinos. Xosé Moscoso (6) interviu no Congreso para expor que “un gallego, por más que se le diga que pertenece de ahora en adelante a la provincia del Vierzo, siempre será gallego, pues lo que principalmente distingue las provincias es el dialecto que se habla en cada una de ellas”.
    A comezos do ano 1822 montouse a Deputación en Vilafranca non sen disputas coa vila de Ponferrada. As dúas utilizaron todo tipo de influencias para conseguir a capitalidade. A Corporación provincial estaba composta por sete deputados, dos que dous eran representantes do distrito de Valdeorras: Tomás Antonio Prada, veciño de Rubiá, e Manuel María Losada, natural de Portela. Mentres Tomás Prada, era crego, Manuel Losada era un fidalgo liberal que xa fora deputado na Deputación Única de Galicia radicada na Coruña, e que na década seguinte representará a Ourense nas Cortes (1834-1836).
    A vida da provincia foi moi curta, pouco máis dun ano. Tras a intervención dos Cen Mil Fillos de san Luis que devolveu ao absolutismo o trono de Fernando VII a estrutura territorial volveu á do Antigo Réxime e a provincia do Bierzo acabou sendo suprimida mediante un decreto do rei o 1 de outubro de 1823.
    Tivo que morrer Fernando VII para que os liberais debuxaran o definitivo mapa territorial de Estado. O decreto do 30 de novembro de 1833 leva firma de Javier de Burgos (7), ministro de Fomento, e a novidade máis importante é a supresión da provincia do Bierzo por a súa reducida extensión. O equipo ministerial de Javier de Burgos aproveitou os traballos cartográficos do catedrático de matemáticas de Santiago, Domingo Fontán Rodríguez, para delimitar as lindes dos reinos de León e Galicia, e o territorio das catro provincias galegas. Con esas as tradicionais terras do Valdeorras volveron a ser territorio ourensán, mais esta vez incrementadas. Pediron incorporarse ao partido xudicial, as aldeas da Merindade de Aguiar (A Veiga de Cascallá, Robledo, O Porto, Barrio, Castelo, e San Vicente de Leira). Pouco despois tamén se uniron: Oulego, Pardollán, Cobas, Sobrado, Casaio e Lardeira. A capitalidade do partido pasou de O Barco a Vilamartín por ser o concello máis central. Amais Javier de Burgos co cambio tamén quixo recordar a figura do deputado “doceañista”, Antonio Xosé Ruiz de Padrón. Nas Cortes de Cádiz fora unha figura destacada pola defensa que fixo da necesidade de suprimir o Tribunal da Inquisición.
    Mais o mapa do partido xudicial, que obedece ao esquema elaborado por Domingo Fontán para Galicia, non se estabilizou ata 1842. Quedou artellado en sete concellos: Carballeda, A Veiga, Rubiá, Vilamartín, Petín, A Rúa, e O Barco que volveu a recuperar a capitalidade. Quedaron fóra do distrito o concello de O Bolo, que se integrou no partido de Viana, e o de Larouco no de Trives. Pascual Madoz no seu Diccionario Geográfico…. de 1846, asígnalle ao distrito una poboación de 20.730 habitantes.

Adenda:
  Na actualidade, e dende fai anos e sen apenas información pública, atopase en estudio unha nova reorganización das demarcacións xudiciais. Se fai anos a clase política falaba de acercar a xustiza ao cidadán hoxe prima a idea de reducir a súa partida dos orzamentos do Estado. Así recuperaranse as taxas xudiciais, limitouse o dereito a litigar, privatizase o rexistro civil, e colea a supresión de xulgados.
   Neste derradeiro caso o documento base de discusión elaborouno o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ). Nel se expón que para a provincia de Ourense necesitase pasar dos nove partidos xudiciais con que conta actualmente a dous: un radicado na cidade de Ourense que agruparía a sete, e o outro no Barco de Valdeorras que integraría o de Valdeorras máis o da Poboa de Trives. Por outra parte entre os sectores más conservadores da xudicatura galega, apoiados soto voce polo caciquismo político e social domiciliado na sede da Deputación defendese a idea de concentrar na cidade de Ourense toda administración da xustiza provincial.

Notas:
1.- Xosé Moñino e Redondo, conde de Floridablanca, foi Secretario de Estado (primeiro ministro) de Carlos III entre os anos 1777-1792.
2.- A Constitución de Cádiz inicia a organización da xustiza en tres instancias: xulgados, audiencias e Tribunal Supremo. Os xulgados estaban nos partidos ou distritos e dependían dun xuíz. Tamén artellaba as provincias e na administración local implanta o arranque dos concellos (ayuntamientos) en lugares ou comarcas cunha poboación maior de mil almas. Estaban rexidos polo alcalde, con concelleiros e un síndico, aprovisionados mediante elección en segundo grado polos veciños con dereito a voto.
3.- O órgano de goberno da provincia era a Deputación. Entre as súas competencias atopábanse as de aprobar o reparto das contribucións, a creación e mantemento de camiños e vías, e o fomento da agricultura, a industria e o comercio.
4.- Imposto da Igrexa do 10% sobre toda a produción agraria ou gandeira. O decreto do 29 de xuño de 1821 reduzo a súa contía a metade.
5.- A Ponte Nova fora desfeita en xaneiro de 1809, durante a retirada cara o interior de Galicia do exército do marqués da Romana, para obstaculizar a persecución dos dragóns do xeral Marchand , vangarda das tropas do mariscal Soult. “…a la legua del puente de Domingo Flórez, se halla un puente llamado Puente Nuevo, a donde nos alcanzaron los enemigos rompiendo nosotros fuego en retirada hacia el Barco de Baldehorrás, hasta el puente de Pequin, en donde resistimos desde las nueve del día hasta el oscurecer causándoles mucha pérdida, y a otra hora emprendimos la marcha al Burgo, Maceda y Orense en donde se quedaron los heridos y enfermos que llevábamos, en el Convento de San Francisco”, Recuerdos de los hechos militares durante la guerra de Independencia, do Capitán de Infantería, D. Hilario Giral.
6.- Xosé Moscoso, conde de Fontao, natural de Mondoñedo foi ademais ministro de Fomento (1834-1835) e presidente do Congreso en 1821.
7.- Javier de Burgos, desempeñou varios cargos durante o reinado de Xosé I, e por afrancesado e liberal coñeceu o exilio. En 1833 entra no ministerio de Cea Bermúdez, como ministro de Fomento.

Bibliografía e fontes:
bvpb.mcu.es/ca/consulta/registro.cmd?id=416611
– Gómez de Arteche y Moro de Elexaveitia, José, Guerra de la Independencia. Historia militar de España de 1808 a 1814. Imprenta del Asilo de Huérfanos del S. C. de Jesús. Madrid, 1868.
Don Domingo Fontán Rodríguez y su mapa de Galicia: en el primer centenario de su publicación. Cuadernos de Estudios Gallegos, Anejo I. Santiago de Compostela, 1946.
– Calero Amor, Antonio M., La división provincial de 1833. Bases y anteproyectos. IEAL. Madrid, 1987.