Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Gürtel’

nunca máis

nunca máis

Os papeis de Bárcenas poden ser simplemente uns papeis ou apuntes dun señor que se chama Bárcenas para un extraterreste que acabe de aterrar por descoido na Serra de Gredos e escoite as noticias da Razón nunha Caverna ou as declaración dos voceiros ou voceras do PP, o seu fementido contido pasou dunhas mendaces fotocopias sen valor dun orixinal imposible, inexistente – co difícil que é fotografar a nada- a unas contas apócrifas e fantasiosas ao que lle chamou en frase lapidaria na súa comparecencia do 1º de agosto o Sr. Rajoy : “ no tienen más valor que un renglón escrito al vuelo en un papel arrugado”, chincha rabincha! frase chea dun beliscante lirismo nun (re)finado estilo satírico escolar de xogos florais e florilexios a María nun colexio de monxas . A rotunda frase soltouna así, sen ningún empacho, nin molestias dixestivas nin aceno bucal de acedía no semblante o noso presidente Rajoy .

Pero esta trola entra dentro das olvidábeis e esquecíbeis mentiras que teñen adoitado como cerne de estratexia arriolista o Partido Popular.
O Pinochismo Electoral non o teñen en exclusiva os populares, é ben sabido, máis si a recalcitrante cachudez de mantellas et non enmendallas, que se inicia, por exemplo, co desastre do Prestige (lembrade a Mariano abraiado e exoftálmico no cartaz, 100% mentireiro) prosegue no 11-M e conségueo no caso Bárcenas.

Como republicano desde hai tempo sempre me preguntei como sendo España un país borbónico –polas dúas ramas carlistas e isabelinos- como non había aquí unha mafia consolidada como nos outros países borbónicos?:

( a Camorra en Nápoles, ‘Ndràngheta (ou Famiglia Montalbano, Onorata società e Picciotteria) en Calabria, a Cosa Nostra en Sicilia)

-Non compría, xa existía unha organización que desempeñaba ese rol como cristalización do poder, como amosan os últimos acontecimentos deste ano en curso e rematan por confirmar os papeis de Bárcenas:

A relación retratada in fraganti dun presidente autonómico, Alberto Rguez Feijóo, cun capo do narcotráfico; un exsecretario de organización do PPg , Pablo Crespo, número dous no organigrama da Gürtel; media organización valenciana do PPpv máis queimados que as Fallas; o extesoreiro nacional na cadea; a organización política de Mariano Rajoy dedicada a recaudar e cobrar impostos reaccionarios aos contratistas e outros industriais, banqueiros en nómina, xuices do constitucional afiliados ao partido, levar unha contabilidade in black, pagar soldos e silencios con sobres manila, mercar lencería e chupa chups ao custo do contribuínte, promocionar e esponsorizar o xogo dos casinos de Las Vegas en Eurovegas, promover o turismo sanitario con bens estatais privatizados… me pregunto que necesidade hai de que exista unha organización clandestina e alegal que se dedique ao mesmo, como dicía Leonardo Sciascia: “Es innegable que la mafia tiene su origen en Sicilia, pero la mafia es exportable a cualquier otro país y, también, a España. El hecho de que se haya refugiado ahora aquí quiere decir que ya poseía una cierta infraestructura”……………( FIN DE LA CITA)

 

É decir , o partido popular, segundo se desprende da contabilidade oficial ( servida ao público por Anonymus) e extra oficial ( cedida ao público por Bárcenas), estivo a xogar na democracia coas cartas marcadas, facendo trampas aos compañeiros na partida democrática, cunhas cantidades exorbitantes de euros por encima do legal durante as campañas electorais, en calquera outra democracia sería mais que motivo suficiente para a súa deposición, ilegalización i embargo polo tribunal supremo e constitucional, a min o resto do que se está a dilucidar no xulgado déixollo ao FBI, é pataca miúda. Como di no artigo de Letras Libres: Leonardo Sciascia. El poder de la mafia, Arturo Fontaine: Como sucede en El consejo de Egipto (1963), el poder envuelve a la verdad, la tapa, la desfigura, la esconde. El ejercicio del poder implica siempre una manipulación de la verdad……………………………….(FIN DE LA CITA)

 

 

davila020813b[1]

A grande evasión

Read Full Post »