Feeds:
Artigos
Comentarios

palestineCada dous ou tres anos Gaza é arrasada polo exército hebreo. Calquera escusa é boa. Acabar co terrorismo islamista é a derradeira. Antes, dende hai décadas, extenderon e traballaron o prexuicio antipalestino para ocultar que no ADN da creación do Estado de Israel está inscrito o exterminio, mediante puntuales masacres, dos naturais do país que lles regalou a mala conciencia occidental tras o holocausto da II Guerra Mundial.
Os sionistas non poden permitir que a poboación á que lle roubaron as terras, que expulsaron, que condenaron á miseria, poda un día estar en condicións de devolver unha pequena parte dos sufrimentos que está a padecer.
Durante o mes de xullo, en 28 días de intervención do exército tecnoloxicamente máis avanzado do mundo, o balance contra a población de Gaza é de 1814 palestinos asesinados (dos que 408 son nenos e 214 mulleres. Según a Unicef o 70 % dos menores tiña menos de 12 anos), contra os 64 soldados xudeos mortos. Amais 520.000 persoas desplazadas, o 25% da población da Franxa, e a destrución de 65.000 casas.
A tregua concedida por Israel para reorientar as novas accións militares serveu á diplomacia europea para se por “estupenda” e comezar a falar de “posibles” embargos de armas a Israel. O máis activo, España sempre dando exemplo do seu compromiso cos dereitos humanos, é o ministro García Margallo que fala de suspender o co  mercio armamentista con Israel a partires de octubre (o ano pasado España vendeulle armas aos sionistas pola ridícula cifra de 4,6 millóns de euros que pode que foran en gorras e tricornios). Pola contra, coidando o seu electorado,  Obama concédelle ao exército hebreo un novo crédito por 1.000 millóns de dolares para repoñer o material armamentístico ca finalidade da próxima ofensiva.
Iso si o “mundo mundial” (ONU, Unión Europea, EE. UU, Obama, Holande, Merkel, Cameron, e alli…) pensan, preocúpanse, conferencian, xúntanse, reconferencian, e volven a xuntarse para finalmente impoñer “santas” sancións a Rusia polo avión derribado na guerra civil de Ucrania. A vida dun cidadá holandés ben paga a de 200 palestinos e ademais se pode producir unha nova guerra en Europa e abrirse grandes espectativas de negocios. *

Advertisements

                                   franquista

   A Real Academia Galega acaba de designar a nova figura a recordar no día das Letras Galegas do próximo 17 de maio. O anual premio honorífico caeulle ao camaleónico polígrafo José Filgueira Valverde.
   Gran persoeiro e pai da “patria” franquista: alcalde Pontevedra, procurador das Cortes, conselleiro do Movimiento, director do Museo de Pontevedra. Tamén vello amigo e camarada no Partido Galeguista de Alexandre Bóveda, a quen traicionou, quedouse na casa, no consello de guerra que o levou ao paredón. (Vaia paxaro !!!)
    A figura de Filgueira representa para os sectores institucionais máis reaccionarios do país o derradeiro intento de leximitación da súa práctica política e cultural. Enxalzan a erudición arquivística, produto da súa profesión de xector cultural, e o presentan como un profesor paternal, ao modo de Otero Pedrayo, ou como un home moi “campechano”, ao modo do ex rei Xoán Carlos. Amais dunha gran alforxa de obras asentadas na tradición escolástica e na práctica de eliminar mediante a morte ou exilio toda competencia das ideas. Sectores influíntes nos medios de comunicación minimizan ou esquecen o papel desempeñado ao servizo da cruel ditadura porque saben que a Cultura integra calquera “torre de marfil” intelectual pero que non transixe cos que calaron, serviron, ou xustificaron a persecución, cando non o exterminio, durante catro décadas, dos sectores máis dinámicos da sociedade e a lingua galega. Filgueira é a figura máis contraditoria e incoherente coa máxima que xustifica a cultura democrática: “non hai ética sen estética, nen estética sen ética”.
Os que propuxeron e votaron honrar a Filgueira, obviando o seu pasado franquista, atópanse na mesma onda dos italianos que enxalzan ao aventureiro D’Annunzio, dos alemáns que falan con fervor do miserable Heidegger, ou dos franceses que iniciaron a rehabilitación do malvado Celine. Posibles diletantistas ao carón dos fornos de Auswitch.
O fascismo sempre intenta renacer pola “porta de atrás” cultural. Non ten máis que mistificar o pasado e mediatizar a erudición máis inútil. Os académicos galegos niso están. *

                              Sello 1856

Artígo que co título “A Valdeorras administrativa na transición do Antigo Réxime” publicouse no Babel nº8, de abril de 2014, boletín do Ateneo Republicano de Valdeorras

   Durante o tránsito do século XVIII ao XIX o vello Reino de Galicia arrastraba unha división administrativa, ideada por Floridablanca (1), de sete “provincias”: Mondoñedo, Lugo, A Coruña, Betanzos, Santiago, Tui e Ourense. Os límites entre elas eran bastante imprecisos xa que sobre as terras exercíanse diversas xurisdicións. A capitalidade do Reino radicaba na Coruña que xunto con Betanzos eran cidades de realengo. As demais atopábanse baixo señoríos eclesiásticos.
    Sobre as terras ourensáns de Valdeorras, na raia oriental do reino, ao largo dos séculos precedentes confrontáronse as históricas xurisdicións señoriais da alta nobreza: os Castro, os Sarmento, os Pimentel, e os Osorio. Amais de pequenas zonas dependentes de ordes monásticas.
    A grandes trazos, entrado o século XIX o condado de Ribadavia seguía a ter xurisdición sobre os actuais territorios de O Barco, Vilamartín, A Rúa, Petín. O Bolo e A Veiga eran herdanzas xurisdicionais dos condes de Benavente con moutas de realengo. Nos montes de Larouco exercía a Orde de Xerusalén. As terras de Carballeda estaban integradas na xurisdición do conde de Ribadavia, agás as aldeas de Casaio e Lardeira integrados na xurisdición da Cabreira do marquesado de Vilafranca no Reino de León; e a parroquia de Carballeda que estaba compartida cos monxes bernardos do mosteiro de san Martín de Castañeda. O territorio de Rubiá era xurisdición do conde de Ribadavia, agás os terreos da Merindade de Aguiar (aldeas de O Barrio, O Castelo, Oulego, Robledo e A Veiga de Cascallá) que pertencían ao marquesado de Vilafranca; a Merindade de Aguiar amais exercía potestade sobre as terras de san Vicente de Leira en Vilamartín; sobre as aldeas de Cobas e Pardollán era o Hospital de Astorga quen tiña a xurisdición.
    A raia do Reino de Galicia durante o Antigo Réxime, debido ás interferencias dos señoríos territoriais, non se atopaba ben delimitada o que daba pé a múltiples confusións e a continuos preitos ante as Audiencias da Coruña e de Valladolid. A abolición do réxime señorial polas Cortes de Cádiz no ano 1811 provocou a necesidade de artellar unha nova división territorial: provincial, xudicial e local, e a súa correspondente estrutura administrativa: deputacións, partidos xudiciais, e concellos. Porque o decreto antiseñorial, unha das primeiras medidas da revolución liberal, supoñía quitarlle á nobreza a administración de xustiza, o nomeamento de cargos: alcaldes, rexedores, e a perdida das rendas e impostos locais que gravaban todas as actividades económicas do seu territorio, agás os foros (2). Neses tempos moitos dos mecanismos da extracción do excedente agrario xa estaban nas mans da pequena e mediana fidalguía rural. Por exemplo o dereito de barcaxe sobre o paso en barca do Sil polo lugar do Porto da Barca. Os Quiroga de Viloira tiñan o dereito de percibir unha parte da súa poxa anual.
   E así para simplificar a administración de Galicia os doceanistas unifican as sete vellas provincias na Provincia Única de Galicia, mantendo a capitalidade na Coruña, ata que Fernando VII deroga a Constitución de Cádiz.
   É durante o Trienio Liberal (1820-23) cando Galicia aparece por primeira vez artellada en catro provincias (3): A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense. Máis o decreto do 27 de xaneiro de 1822 integraba parte do territorio de Ourense, a comarca histórica de Valdeorras, nunha nova demarcación: a provincia de Vilafranca do Bierzo, do Reino de León. A nova provincia de Vilafranca tiña, sobre o papel, un antecedente recente. En 1810 o rei Xosé I, seguindo o modelo napoleónico, creara a “subprefectura do Sil”, dependente da “Prefectura de Ourense”.
O decreto do Trienio estabelecía o territorio da provincia de Vilafranca que abarcaba “casi toda la gobernación de Cabrera, los concejos del Sil de arriba y de abajo, Salientes, Salentinos, Valseco, Tejedo, mata de Otero y el Valle de Orres”. E especificaba que a raia occidental trazábase “por el oeste el antiguo límite de Galicia desde el monte del Cuadro hasta el origen del Bisuña; de aquí sigue por los montes que forman el Valle de Orres hasta el Puente de Cigarrosa, desde donde continua por los altos hasta buscar la Sierra del Exe y Peña Trevinca, siguiendo por el nacimiento del río Casoyo a unirse con las sierras de Cabrera”.
    Delimitación que dividía administrativamente Valdeorras en dúas. De unha pasaban a depender da Deputación de Vilafranca os concellos de: Sobradelo, Correxais, San Estevo (A Rúa), O Barco, Vilamartín, Rubiá, e a parte oriental de Freixido (daquela englobaba os actuais Petín e Larouco). Na provincia de Ourense mantíñanse o concello de O Bolo, parte de Castromarigo e Espiño (a Veiga actual), e a parte occidental do de Freixido (Larouco).
A provincia do Bierzo, como tamén se lle chamará, quedada dividida en catro distritos xudiciais: o de Valdeorras radicado no Barco. Como capital noméase Vilafranca, despois dunha soterrada loita de influencias con Ponferrada, por ser a poboación máis importante e por contar con “amplos edificios” e conventos onde montar a administración provincial.
    Mais a inclusión de Valdeorras na nova provincia non estivo exenta de todo tipo de protestas por parte dos veciños da comarca. O malestar producido plasmouse nunha extensa carta dos concellos de O Barco, Sobradelo, Correxais, A Rúa, Vilamartín, Castromarigo e Espiño, enviada á Comisión Parlamentaria das Cortes que previamente, durante o ano 1821, discutira a división territorial do Estado. Só os concellos de Freixido e do Bolo, que nun principio a firmaran, acabaron retractándose.
    Na carta expresaban que a montaxe da nova provincia obedecía á vaidade dos veciños de Vilafranca e Ponferrada tras decatarse da intención de dividir a de León en dúas: León e Astorga. E para convencer á maioría liberal das Cortes os concellos valdeorreses denunciaban que era o resultado das secretas intencións e intereses do cabido da colexiata de Vilafranca, porque o recente decreto que lles impoñía a redución á metade do cobro do décimo (4) queríano compensar aspirando a converter a colexiata en Catedral e a abadía en bispado.
Os concellos explicaban amais que para os veciños de Valdeorras a inclusión na provincia do Bierzo só lle causaría grandes danos xa que “no era lo mismo querer pertenecer a una provincia de solo 86 mil habitantes, entre los cuales se ha de pagar el medio millón que aproximadamente cuestan las autoridades y oficinas necesarias para este género de sección política del territorio, pudiendo permanecer en una de 262 mil a lo menos, en la que por lo mismo ayudan a la solvencia de aquella carga anual cerca de tres tantos y cuarto más de contribuyentes: es decir, que el que en la provincia del Bierzo pague por esta razón 100 reales, en la de Lugo o en la Orense, o en la misma del Bierzo reunida con León, solo pagará 27”.
   Tamén que nos orzamentos da Provincia Única de Galicia tíñase consignada una partida para a reparación da bóveda central da Ponte Nova (Sobradelo), desfeita dende a Guerra da Independencia (5). Que era de supor que ao pasar a comarca ao reino de León perderíase a obra o que causaría un grande prexuízo ao comercio dos valdeorreses. Máis adiante rexeitaban os novos lindes que estudaba a Comisión do Congreso e defendían a división provincial entre Ourense e o Bierzo pola raia histórica que iniciábase nos montes do Cebreiro, continuando pola serra da Lastra e o río Sil, para morrer nos altos de Pena Trevinca. Finalmente pedían a permanecía da comarca no territorio ourensán.

                          copia Sello 1823
    Achegada a carta colectiva dos concellos ía outro escrito específico do Concello de O Barco que remarcaba os graves inconvenientes que lles suporía o cambio de Audiencia territorial ao xulgado comarcal: “a Valladolid hay bien cerca de cincuenta leguas, que para ir a aquella ciudad hay que atravesar las altas montañas que separan a Astorga del Bierzo y que forman el puerto de peor tránsito que puede haber en invierno, que en esta estación es casi intransitable la llanura cercana a Ponferrada por los infinitos pantanos que hay que atravesar, como la misma sierra de Fuencebadón que está seguida de ella. Mientras que la audiencia de Galicia a que actualmente pertenece este juzgado se halla no solo mucho más inmediata, sino que continuamente y en todas las estaciones se puede ir a la Coruña en muy pocos días”. Por iso amais pedía de seguir na provincia de Ourense.
    As aspiracións, como vemos, dos veciños non se tiveron en conta e acabaron integrados na provincia do Bierzo. Nin tampouco o desexo dos deputados galegos que reclamaban manter os límites tradicionais dos reinos. Xosé Moscoso (6) interviu no Congreso para expor que “un gallego, por más que se le diga que pertenece de ahora en adelante a la provincia del Vierzo, siempre será gallego, pues lo que principalmente distingue las provincias es el dialecto que se habla en cada una de ellas”.
    A comezos do ano 1822 montouse a Deputación en Vilafranca non sen disputas coa vila de Ponferrada. As dúas utilizaron todo tipo de influencias para conseguir a capitalidade. A Corporación provincial estaba composta por sete deputados, dos que dous eran representantes do distrito de Valdeorras: Tomás Antonio Prada, veciño de Rubiá, e Manuel María Losada, natural de Portela. Mentres Tomás Prada, era crego, Manuel Losada era un fidalgo liberal que xa fora deputado na Deputación Única de Galicia radicada na Coruña, e que na década seguinte representará a Ourense nas Cortes (1834-1836).
    A vida da provincia foi moi curta, pouco máis dun ano. Tras a intervención dos Cen Mil Fillos de san Luis que devolveu ao absolutismo o trono de Fernando VII a estrutura territorial volveu á do Antigo Réxime e a provincia do Bierzo acabou sendo suprimida mediante un decreto do rei o 1 de outubro de 1823.
    Tivo que morrer Fernando VII para que os liberais debuxaran o definitivo mapa territorial de Estado. O decreto do 30 de novembro de 1833 leva firma de Javier de Burgos (7), ministro de Fomento, e a novidade máis importante é a supresión da provincia do Bierzo por a súa reducida extensión. O equipo ministerial de Javier de Burgos aproveitou os traballos cartográficos do catedrático de matemáticas de Santiago, Domingo Fontán Rodríguez, para delimitar as lindes dos reinos de León e Galicia, e o territorio das catro provincias galegas. Con esas as tradicionais terras do Valdeorras volveron a ser territorio ourensán, mais esta vez incrementadas. Pediron incorporarse ao partido xudicial, as aldeas da Merindade de Aguiar (A Veiga de Cascallá, Robledo, O Porto, Barrio, Castelo, e San Vicente de Leira). Pouco despois tamén se uniron: Oulego, Pardollán, Cobas, Sobrado, Casaio e Lardeira. A capitalidade do partido pasou de O Barco a Vilamartín por ser o concello máis central. Amais Javier de Burgos co cambio tamén quixo recordar a figura do deputado “doceañista”, Antonio Xosé Ruiz de Padrón. Nas Cortes de Cádiz fora unha figura destacada pola defensa que fixo da necesidade de suprimir o Tribunal da Inquisición.
    Mais o mapa do partido xudicial, que obedece ao esquema elaborado por Domingo Fontán para Galicia, non se estabilizou ata 1842. Quedou artellado en sete concellos: Carballeda, A Veiga, Rubiá, Vilamartín, Petín, A Rúa, e O Barco que volveu a recuperar a capitalidade. Quedaron fóra do distrito o concello de O Bolo, que se integrou no partido de Viana, e o de Larouco no de Trives. Pascual Madoz no seu Diccionario Geográfico…. de 1846, asígnalle ao distrito una poboación de 20.730 habitantes.

Adenda:
  Na actualidade, e dende fai anos e sen apenas información pública, atopase en estudio unha nova reorganización das demarcacións xudiciais. Se fai anos a clase política falaba de acercar a xustiza ao cidadán hoxe prima a idea de reducir a súa partida dos orzamentos do Estado. Así recuperaranse as taxas xudiciais, limitouse o dereito a litigar, privatizase o rexistro civil, e colea a supresión de xulgados.
   Neste derradeiro caso o documento base de discusión elaborouno o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ). Nel se expón que para a provincia de Ourense necesitase pasar dos nove partidos xudiciais con que conta actualmente a dous: un radicado na cidade de Ourense que agruparía a sete, e o outro no Barco de Valdeorras que integraría o de Valdeorras máis o da Poboa de Trives. Por outra parte entre os sectores más conservadores da xudicatura galega, apoiados soto voce polo caciquismo político e social domiciliado na sede da Deputación defendese a idea de concentrar na cidade de Ourense toda administración da xustiza provincial.

Notas:
1.- Xosé Moñino e Redondo, conde de Floridablanca, foi Secretario de Estado (primeiro ministro) de Carlos III entre os anos 1777-1792.
2.- A Constitución de Cádiz inicia a organización da xustiza en tres instancias: xulgados, audiencias e Tribunal Supremo. Os xulgados estaban nos partidos ou distritos e dependían dun xuíz. Tamén artellaba as provincias e na administración local implanta o arranque dos concellos (ayuntamientos) en lugares ou comarcas cunha poboación maior de mil almas. Estaban rexidos polo alcalde, con concelleiros e un síndico, aprovisionados mediante elección en segundo grado polos veciños con dereito a voto.
3.- O órgano de goberno da provincia era a Deputación. Entre as súas competencias atopábanse as de aprobar o reparto das contribucións, a creación e mantemento de camiños e vías, e o fomento da agricultura, a industria e o comercio.
4.- Imposto da Igrexa do 10% sobre toda a produción agraria ou gandeira. O decreto do 29 de xuño de 1821 reduzo a súa contía a metade.
5.- A Ponte Nova fora desfeita en xaneiro de 1809, durante a retirada cara o interior de Galicia do exército do marqués da Romana, para obstaculizar a persecución dos dragóns do xeral Marchand , vangarda das tropas do mariscal Soult. “…a la legua del puente de Domingo Flórez, se halla un puente llamado Puente Nuevo, a donde nos alcanzaron los enemigos rompiendo nosotros fuego en retirada hacia el Barco de Baldehorrás, hasta el puente de Pequin, en donde resistimos desde las nueve del día hasta el oscurecer causándoles mucha pérdida, y a otra hora emprendimos la marcha al Burgo, Maceda y Orense en donde se quedaron los heridos y enfermos que llevábamos, en el Convento de San Francisco”, Recuerdos de los hechos militares durante la guerra de Independencia, do Capitán de Infantería, D. Hilario Giral.
6.- Xosé Moscoso, conde de Fontao, natural de Mondoñedo foi ademais ministro de Fomento (1834-1835) e presidente do Congreso en 1821.
7.- Javier de Burgos, desempeñou varios cargos durante o reinado de Xosé I, e por afrancesado e liberal coñeceu o exilio. En 1833 entra no ministerio de Cea Bermúdez, como ministro de Fomento.

Bibliografía e fontes:
bvpb.mcu.es/ca/consulta/registro.cmd?id=416611
– Gómez de Arteche y Moro de Elexaveitia, José, Guerra de la Independencia. Historia militar de España de 1808 a 1814. Imprenta del Asilo de Huérfanos del S. C. de Jesús. Madrid, 1868.
Don Domingo Fontán Rodríguez y su mapa de Galicia: en el primer centenario de su publicación. Cuadernos de Estudios Gallegos, Anejo I. Santiago de Compostela, 1946.
– Calero Amor, Antonio M., La división provincial de 1833. Bases y anteproyectos. IEAL. Madrid, 1987.

xulgados

Moitas veces a vida dun pobo, dunha comarca, recorda a un auditorio dun teatro sumido na oscuridade: só iluminada a representación. Todo depende das circunstancias, dos caprichos dun director de escena chamado tempo. Os actores aparecen e desaparecen para representar diversas obras: “auxe e caída do hospital comarcal”, “desfeita do servizo ferroviario”, “creses dos servizos sociais”… Na sala atopanse os espectadores que poden aplaudir ou pitar, case nunca intervir cas súas réplicas. Mais as veces o público irrompe no escenario, e non só rompese en pedazos o decorado, senon todo o teatro… É unha posilidade que se pode dar durante a representación da próxima obra “supresión dos xulgados comarcais”.
A trama desenvolve unha variante máis das multiples agresións que o Partido Popular realiza contra a cidadania. Neste caso unha volta de torca no ámbito da administración dá Xustiza.
O ministro do ramo “o progresista” Ruiz-Gallardón leva a cabo unha política de terra queimada no seu “negociado”. En pouco máis de dous anos suprimiu vellas conquistas sociais. Iniciou a privatización do rexistro civil para poñelo nas mans dos rexistradores mercantís. En consonancia co franquismo do que procede repartiu indultos como como quen dá cartas entre amigos nunha partida de poker. En contraposición da tan cacareada “renovación democrática” do seu xefe Rajoy, con “nocturnidad y alevosia”, incrementou, vai apenas tres semanas, o número de aforados causando a admiración de Europa. Pasou de protexer 10.000 individuos da “casta” aos 10.003, incluindo a nova raiña e aos antergos reis. Para entreter á caverna relixiosa anunciou que modificará a lei do aborto ca intención de seguer a controlar os ventres das mulleres. E contra a cidadania implantou un novo sistema de taxas que na practica limita o dereito a litigar ca intención de excluir os sectores máis indefensos da sociedade. Para rematar a faena, e poñendose ao servizo dun corpo de altos funcionarios do Estado: o Consello Xeral do Poder Xudicial e a xudicatura pensan que en vez de servidores públicos son usufructarios dun dereito divino, plantexa unha nova lei sobre a Planta Xudicial que suprime os xulgados comarcais. Todos os maxistrados, xuices, fiscais, avogados, procuradores e funcionarios vivindo ou traballando nas capitais provinciais. E os usuarios desplazandose á capital ourensan onde residirian as actuais nove demarcacións comarcais. Partidos xudiciais que con casí dous siglos de historia supuxeron unha das bases de consolidadción do estado liberal no século XIX, e do que renega a actual dereita “ultraliberal” que por desgracia nos goberna.
As primeiras xeremiadas que levantou o proiecto de lei viñeron do inefable Feijoo. Veuse na necesidade de seguir narcotizando ao seu electorado con varias declaracións institucionais de defensa do actual sistema xudicial. Triste papel de quen non conta para nada no PP estatal, para quen se vai converter pouco a pouco nun extraterreste.
No noso caso galego a supresión dos partidos xudiciais, como a desfeita da sanidade, precipita o proceso de declive demográfico do interior de Galicia, e supón unha grave agresión aos intereses máis inmediatos da poboación. Pon en cuestión un dos principios nos que se asenta o Estado de Dereito. Fai máis improbable aceder a unha xustiza rápida, próxima e eficiente. E polo tanto dispor dunha xustiza baseada na igualdade. Porque aí reside o fundamento ideoloxico das reformas rajonianas: converter de novo ao Estado español no reino do privilexio. Volver na medida do posible aos oscuros séculos da monarquía hispánica. *

Convocatoria de eleccions constituintes: ¡¡¡¡ Viva a IIIª República !!!!

A casa real para o exilio saudí! A marea do sentimento popular en contra da corrupción da casta política e económica rematou co borbón franquista. Reixeitemos calquer manobra continuista que nos queiran vender para a entronización do seu fillo. A senvergoñeria xeralizada toca ó seu fin. É o momento de esixir a apertura dun proceso constituinte que teña por eixos o estado de benestar, o recoñecemento das aspiracións políticas dos diversos pobos que forman o estado español actual, e que resolva democráticamente dunha vez o nomeamento da xefatura do Estado. É o momento da IIIª República.

Como dende hai oito anos achegamos unha mostra das actividades da semana cultural do “14 de Abril”. (Recopilación e edición de Mari Carmen e Xaquín).

                              Imaxe

     A ofensiva do enramado real entra nos días decisivos para salvar da imputación a Cristina Borbón (ao duque consorte de Palma xa o dan por amortizado). O tempo acabase e a estrategia de presionar dende a sombra ás administracións non pode seguir adiante. Son demasiadas as baixas ocultas nos sumideiros do Estado e moitos os cascallos producidos: destitución de varias cúpulas policiais responsabeis da loita contra o fraude, recambios imprevistos na Axencia Tributaria, desprestixio dos corpos da notaria e do rexistro, derrube do papel da fiscalia… Manobras juancalistas que concretan a idea de que “la justicia es igual para todos”. Frase ditada dende a estratexia mediática da defenda da infanta encargada ao gabinete xurídico de Miquel Roca Junyent.
Quen millor que o delicado e moi digno Roca Junyent, un dos sete redactores da ponencia constitucional borbónica. Roca político profesional de ideoloxía católica conservadora, soubo crearse unha imaxe de respetabilidade para lograr, en poucos anos, amasar unha grande fortuna tamen ao carón dos preitos financiados cos “fondos de reptiles” do Estado.
Nesta opereta bufa de aristócratas, avogados, chourizos e maxistrados, o tempo corre en contra. En escasos días o xuiz José Castro decidirá sobre a imputación definitiva dos inculpados do Instituto Nóos. Despoís de fracasar o amedrantamento do xuiz ca filtración de imaxes dende o CESID ao periódico monárquico ABC, só lles queda insistir en dous movementos.
O primeiro tocar a tecla da crónica rosa cara a opinión pública. Así o secretario da Casa Real, o cortesano Rafael Spottorno o sábado día catro oportunamente declarou, de obrigada inserción en todolos medios informativos, que o proceso “es un martirio para la corona” e que “debe de terminar pronto”. Para redondealo acabou afirmando, en clara sintonia ca suficencia que da saberse ao final gañador, que “hay que confiar en la justicia”. O segundo, se non logran desfacer o poder xudicial, indultarse ase mesma. Prespectiva aterradora tanto para a monarquía como para o Estado que se ten que enfrontar a corto prazo ao problema catalán. Secesión a vista que suporá a desaparición deste sistema político, monarquía incluida, asentado na corrupción xeneralizada.