Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘cortesáns’

A fundación Príncipe de Asturias pechou o ano pasado cun patrimonio valorado en 22,7 millóns de euros, despois de dar os oito premios anuais de 50.000 euros. Aínda que nos criterios de selección dos galardoados priman as figuras que poden darlle lustre e imaxe mundial a Felipe Borbón e a súa dona Letizia Ortiz, sempre acaban recaendo en “profesionais” da caridade universal, en dóciles e amortizados intelectuais, e en compoñentes da farándula e do papel couché.

Mentres a propaganda borbónica fala de que os premios conseguiron “ser un referente mundial de independencia”, é máis certo que a maioría dos galardoados non localizan nun mapa onde se atopa Asturias, e teñen en común a defensa de posicións ideolóxicas do reaccionarismo universal. Tamén os move o non desperdiciar varias semanas da maseira “a papo cheo” que o concello ovetense pon a súa disposición.

Senón a que ben premiar entre outros a Bill Gates, considerado o home máis “pobre” do mundo; a Woody Allen, cineasta “escasamente” recoñecido; a Michael Schumacher, Fernando Alonso e Rafael Nadal, deportistas na “indixencia”; a Bob Dylan, lider “xuvenil”; Al Gore, político “antisistema”. Ou neste ano, por exemplo, a Ingrid Betancourt, política franco-colombiana, que tras pasar anos secuestrada, está nun proceso de ser elevada aos altares vaticanos como mártir dos dereitos humanos. Montaxe na que participa o xurado do premio ao afirmar que “personifica tamén a loita contra a violencia terrorista, a corrupción e o narcotráfico”, esquecendo que a situación de violencia social colombiana vén determinada polas condicións de explotación e miseria na que se atopa o 90 % da poboación. ¡Claro que isto non vai con eles.!

A Fundación Príncipe de Asturias está máis interesada na procura de demiúrgos que manteñan os mecanismos polos que unha cantidade inicial de 300.000 pesetas de 1981 transformáronse ao cabo de 27 anos nun patrimonio de 3.768 millóns de pesetas; de como manter no seu Patronato aos membros da plutocracia española que estén dispostos a aportar miles de euros cada ano a cambio dunha referencia protocolaria nas anuais recepcións oficiais de entrega dos premios nun Oviedo servil. Ou de como integrar a esquerda do caviar, que goberna Asturias, nos anuais bicamaos dos lamecús, no Teatro Campoamor, a cambio de filtrar partidas dos orzamentos rexionais ou municipais.

Porque os Premios tamén son o desesperado intento mediático, de rancios monárquicos rexionais, para borrar a memoria popular da Asturias republicana e con ese fin a Fundación gasta cada ano 4 millóns de euros en actividades de patrocinio cultural.

Read Full Post »

Auto censura servil

Cara as tres da tarde do venres 15 de agosto na estrada N-I ao seu paso polo concello do Molar, a 40 kilómetros de Madrid, un Xaguar de alta cilindrada saíuse do asfalto e tras dar varias voltas de campá foi parar contra unha árbore.

Nel viaxaba un matrimonio que foi rapidamente atendido polos bombeiros, que tiveron que rescatar aos ocupantes, e posteriormente polos servicios de urxencias da Consellería de Sanidade madrileña. Logo se soubo que eran Kardam Bulgaria e a súa muller Miriam Ungría, que debido ás graves lesións levan varios días nas UCIs dos hospitais “12 de Octubre” e “La Paz” de Madrid.

Kardam é fillo e herdeiro do rei Simeón de Bulgaria que foi botado ao exilio polos búlgaros no ano 1946 tras a colaboración da súa familia coa Alemaña hitleriana durante a II Guerra Mundial e recollido polo dictador Franco nos anos cincuenta procedente de Exipto de onde foi expulsado. É medio parente por parte de nai de Xoán Carlos Borbón e a súa muller Miriam é dunha familia da rancia aristocracia castelá.

A noticia deste accidente non pasaría de ser un simple breve periodístico de fin de semana si non fose polas persoas implicadas. Mais por iso a prensa leva varios días facilitando cumprida información da evolución dos afectados: partes médicos periódicos, declaracións de familiares e amigos. Tamén da aptitude e interese da familia Borbón española da que son parentes. Que si as fillas do monarca van visitar aos feridos; que si a raíña dende os xogos olímpicos de Pekín interésase da súa evolución; que si Felipe e Letizia dan mostras de preocupación entre medalla de ouro e medalla de prata; que si o Rei non se sabe nin contesta, etc.

Mais o exercicio de seguimento periodístico da noticia pasa por alto, en todos os medios de comunicación, calquera referencia aos posibles motivos do accidente. Ningún mantivo as normas do protocolo para informar da multitude de accidentes de tráfico que a cotío padecen os sufridos súbditos da monarquía española. Funcionou unha vez máis a “autocensura” profesional que exercen os redactores cando tratan calquera referencia que afecta aos familiares e ás amizades do monarca. Resúmese esta no dito madrileño: “hay que cogersela con papel de fumar”.

Só dende o mundo informativo alternativo que se expresa a través de Internet fálase dunha chea de posibles causas: que os accidentados viaxaban “superpuestos”, que rompían radares, que transportaban varias caixas de Rioxa. É a resposta dos que non se resignan a informarse nunha prensa servil que nin tan sequera está disposta a insinuar verdades cando afectan ao círculo íntimo da corte borbónica.

Read Full Post »

Estamos a vivir unha época de papanatismo político co referente á casa real. Por unha banda o rei eloxia a Zapatero, cousa que agrada e moito á dirección do PSOE e a unha parte da súa militancia, sobre todo aos que hai anos deixaron de facer súa unha reivindicación tan esencial para o progresismo deste país como é a volta á República e esqueceron os seus camaradas que deixaron a vida loitando por ela.

Pola contra, a dereita máis extremeira, síntese abandonada, mancillada e ninguneada, e intenta chamar a atención “de su majestad” por medio de pequenos desplantes e xestos para voltar ser “la primera”. Pedro J., Losantos, Monseñor Rouco, Aznar e compañía non se atopan cómodos sendo “la otra” queren, como bos cortesáns e cortesanas, gozar “de la gracia de su majestad” e da súa familia, para iso están dispostos a calquera cousa. Non queren ser segundo prato por máis tempo.

Este domingo asistimos a unha bochornosa reportaxe de mel e rosas firmada por Jesús Rodríquez, titulada “Diario de una princesa” e publicada en El País Semanal. Medio que acude ao rescate da familia Borbón cada vez que a súa popularidade se atopa en horas baixas. Todo está relacionado, nós lavamos a imaxe da túa nora e ti dáslle xabón ao Presidente. Un intercambio razoablemente xusto e no que ambos gañan.

A monarquía neste país está “como pez en el agua”, todo o séquito real vive “a cuerpo de rey”. Os traballadores e traballadoras estamos a sufrir unha crise enómica e non podemos sequera preguntar cantos cartos pagamos cada contribuínte para soster unha pantomima posta polo ditador hai máis de trinta anos que medra e medra cada vez máis.

Read Full Post »