Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘corrupción’

contundencia estadística

contundencia estadística

A ministra Mato, tan falandeira e respondona durante os tempos da oposición -tempos de confetti e rosas e viaxes románticas de balde a wonderland parís- na actualidade nótaselle algo enclaustrada e mística desde que confundeu o gato do coche cun felino e o seat León cun Jaguar, máis triste que cando sempre lle convidaba a ela e ao seu Sepúlveda e aos ninos o siñor Correa, ese que anda co Bigotes – coma en Ribadeu cada quen paga o seu-;)
Pero coidado porque Mato as mata calando, perdón polo pleonasmo, servéndose da táctica do pulpo no garaxe e da ignorancia dos feitos mirando para outro lado (prevaricar lle chaman tamén) e de esconder a porcallada debaixo das alfombras: á chita calando non dixo nin pio (non como o Escudero, que si piou) nin tampouco sobre a gallardonísima reforma da lei do aborto do carlista e tradicionalista ministro de inxustizas;:(
Deu o medicamentazo en setembro do 2012 e aproveitando das vacacións de verao do 2013 retira da financiación pública os anticonceptivos máis modernos, os máis escasos en efectos secundarios, non contenta con iso 😦
Retira inconstitucionalmente a posibilidade de reprodución asistida as lesbianas, primeiro dixo que só é parella home e muller- non nos falou de manzás e peras -froita- coma a Botella- e despois de dicir que non son enfermas:” a falta de varón non é un problema médico”, que llo digan a ela ou a súa segunda, a celibata Dra Farjas, como se a constitución do reino distinguira unhas persoas doutras ou unhas mulleres doutras:(

Iso si recalcalcado teimudamente como se fora unha letanía de que o que se fai faise por problemas ecónomicos non ideolóxicos: excusatio non petita, accusatio manifesta.

Pero o máis último do máis último é o amaño que se lle queren dar ás estadísticas e ao reconto do maltrato machista: só contabilizaranse como maltratadas as víctima mortais e aquelas que queden ingresadas máis de 24 horas nun centro hospitalario, como vaise contabilizar o maltrato físico reiterado de baixa intensidade? E o maltrato psíquico?
En que pais vive esa señora ? No país das marabillas de bárcenas, correa e sepúlveda. Nos país dos presuntos- no senso luso, iluso- sobresoldos do PP.
Coida que agachando datos e menguando o presuposto para casas de acollida haberá menos mulleres acollidas obviamente, pero desaparecerá o maltrato? metendo no aforro en medicamentos os que a xente deixa de mercar por motivos económicos de copago, ou será, como fixo ela na súa casa, que ollos que non miran corazón que non sinte

Non hai peor cego que o que non quere ver.

Read Full Post »