Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Palestina’

A desfeita de Gaza

PALESTINIANS-ISRAEL/

Non se pode falar de guerra de Gaza, como falan os medios. Non é unha guerra é unha “escabechina”. A día de hoxe son 13 mortos xudeus e 800 mortos palestinos, deles polo menos 320 son mulleres e nenos. O Goberno israelí non parará ata completar con cen mortos palestinos por cada un propio. É a proporción que nos ten acostumado nas derradeiras campañas militares. Para iso non escatima en medios bélicos: tecnoloxía punta e armas non permitidas pola ONU sobre a poboación civil; nin medios políticos: desconcerto europeo, traspaso de poderes nos USA, liortas entre os propios palestinos. Tampouco desaproveita a influencia que ten nos medios de comunicación a través de coñecidos voceiros: André Gluckman, o “pacifista” Simon Peres, Bernard-Henry Levy, Pilar Rahola, que intentan vendernos que os culpables son os terroristas de Hamas.

É iste un movemento político, que gañou as eleccións palestinas en Gaza cun amplo respaldo popular e hoxe, dende o seu fundamentalismo relixioso, é o único que loita contra da opresión de seu pobo. É  a única forza  política que  non se resina a que os palestinos vivan nun inmenso campo de concentración no que se converteu a Franxa de Gaza. O único movemento que loita contra da corrupción de Al Fatah, contra a ocupación das terras, contra a construcción do “muro da vergoña” en Cisxordania, contra os asentamentos de colonias ilegais, contra o roubo dos acuíferos…

Cada certo tempo Israel monta operacións militares contra os territorios de Cirxordania, Gaza e Libano, acadando o desterro de máis de catro millóns de palestinos que viven no exilio. A finalidade é facerse con todo o territorio da Palestina histórica para crear o que denominan o Gran Israel. Esas operacións obedecen a necesidade de manter pernamente aos palestinos nun nivel de vida lindando coa indixencia, destruíndo toda fábrica, ou industria, que potencialmente poda ser nun futuro un desafío. Neste punto a táctica é a mesma que utilizou a Suráfrica racista para controlar a maioría da poboación indíxena, soio que neste caso a presión da comunidade internacional pudo impedilo.

O Estado hebreo creado despois da Segunda Guerra Mundial polas Nacións Unidas non cumpre tan sequera as resolucións da ONU que contaban co acordo dos EE UU. A impunidade coa que actuan fai que as simpatías da opinión publica europea se decanten plenamente pola creación dun Estado Palestino, que é parte das súas máis temidas “pesadillas”.

Advertisements

Read Full Post »