Decátome hoxe que o ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Anxo Moratinos, invitou o papa a coñecer Santiago co motivo do Ano Xacobeo, que pola necesidade de encher os petos do Vaticano non pode rexeitar. O gremio da hostelería, cabilando no negocio, xa está a propoñer ao Concello que o faga gran comendador da Orde do Sagrado Fígado sen Mancha e cabaleiro da Vieira valeira. Como non é tolo de todo aproveitará a viaxe de volta, xa que toda a visita é de balde e a papo cheo, para levar os cántaros de viño, que necesita para oficiar, e que recolle dos bacelos que ten a medias con Paco Vázquez na Ribeira Sacra. O envexoso e gurteliano Feijoo anda a mercar as viñas extremeiras para levantar unha capela a san godello e santa mencía. Se non o credes, válgame deus, aí vai unha imaxe de Ratzinger traballando de incógnito e con ledicia na colleita da súa derradeira vendima.
Xosé Ratzinger, o ano que ven, de tazas pola rúa do Franco
Outubro 12, 2009 by valdeorrasrepublicana
E iso non é o peor de todo, meus…
O peor de todo é que vaise montar unn paripé de impresión pra recibir a éste nazi, e non vai ser Don Tomás quen vai pagar, se non todos os cidadáns do estado español.
Ollade isto: http://www.publico.es/espana/265783/paga/mitad/visita/papa
Unha aperta moi grande pra a xente do máis fermoso lar do mundo, Valdeorras, meu berce, meu verde val.