Estamos a vivir unha época de papanatismo político co referente á casa real. Por unha banda o rei eloxia a Zapatero, cousa que agrada e moito á dirección do PSOE e a unha parte da súa militancia, sobre todo aos que hai anos deixaron de facer súa unha reivindicación tan esencial para o progresismo deste país como é a volta á República e esqueceron os seus camaradas que deixaron a vida loitando por ela.
Pola contra, a dereita máis extremeira, síntese abandonada, mancillada e ninguneada, e intenta chamar a atención “de su majestad” por medio de pequenos desplantes e xestos para voltar ser “la primera”. Pedro J., Losantos, Monseñor Rouco, Aznar e compañía non se atopan cómodos sendo “la otra” queren, como bos cortesáns e cortesanas, gozar “de la gracia de su majestad” e da súa familia, para iso están dispostos a calquera cousa. Non queren ser segundo prato por máis tempo.
Este domingo asistimos a unha bochornosa reportaxe de mel e rosas firmada por Jesús Rodríquez, titulada “Diario de una princesa” e publicada en El País Semanal. Medio que acude ao rescate da familia Borbón cada vez que a súa popularidade se atopa en horas baixas. Todo está relacionado, nós lavamos a imaxe da túa nora e ti dáslle xabón ao Presidente. Un intercambio razoablemente xusto e no que ambos gañan.
A monarquía neste país está “como pez en el agua”, todo o séquito real vive “a cuerpo de rey”. Os traballadores e traballadoras estamos a sufrir unha crise enómica e non podemos sequera preguntar cantos cartos pagamos cada contribuínte para soster unha pantomima posta polo ditador hai máis de trinta anos que medra e medra cada vez máis.